CREADORA ESCÉNICA
avelinaperezteatro@gmail.com
637 756 146
2021
ECO
Peza breve que procura escoitar o silencio.
ECO é atender a unha presenza
Facela parte.
Ollar miudiño.
Facer contas doutro xeito:
Un, dous, tres
Un silencio.
Cinco silencios.
Tres mil silencios...
É estar.
O Mosteiro de Oia foi campo de concentración
durante a guerra civil española. Nas súas
paredes, os presos deixaron palabras e debuxos
nos que reflectiron desacougos, medos e desexos.
Desde estas voces, desde estas mensaxes
fragmentarias, é desde onde se constrúe a
dramaturxia de ECO, que quere ser, con todo o
respecto, unha homenaxe e un poema, un
momento para escoitar e escoitarnos, para
relacionarnos entre nós e cos que xa non están.
Debuxo feito por un preso no campo de concentración
Por favor, ténteo novamente máis tarde
é un intento de supervivencia
é querer fuxir do ruído
é compartir espazo sen ollarnos
mentres morremos por facelo
é buscarme e é buscarte.
Dirección e dramaturxia: AveLina Pérez
Con : Daniel Casquero e AveLina Pérez
Iluminación: Pedro Fresneda
Composición musical : Ramon Raíndo
Vídeo: Jesús Tejada
Coproducen: Centro Dramático Galego e Teatro Ensalle
Colabora: Xerme Cabreira
2021
POR FAVOR,
TÉNTEO NOVAMENTE MÁIS TARDE
Que tal se nos miramos aos ollos?
Fotografía: Martín Pol
2020
A QUE NON PODES DICIR COCACOLA? (II)
É unha loita inútil e precisa.
Un desexo de escribir grandes parágrafos nas
paredes acabadas de pintar.
Unha repetición de incertezas batendo nos
puntos finais.
Un querer e un poder.
Un frasco de perfume que non recende.
Un atentado contra a asepsia.
Algo así é...
Algo así...
Dirección, dramaturxia e actriz: AveLina Pérez
Composición musical: Ramón Raíndo
Coa voz de Silvia Cerneira
Iluminación e espazo sonoro: Daniel Casquero
Asesoramento en iluminación: Teatro Ensalle
Video de Jesús Tejada
Invita a xogar: Mara
DOSSIER
PRENSA
VÍDEO
Fotografías cedidas polo Festival de Teatro Galego realizadas por GF Studio
Dirección, dramaturxia e actriz: AveLina Pérez
Composición musical: Ramón Raíndo
Iluminación: Beatriz de Vega
Fotografía: Martín Pol
Montaxe de vídeo: Jesús Tejada
Coproduce: Centro Dramático Galego
Colaboran: Real Mosteiro de Oia e Teatro Ensalle
Voz testemuña: Matilde Álvarez
CREADORA ESCÉNICA
DOSSIER